A Guarda | A pasada semana celebrouse o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que unha vez máis constituíuse coma un espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita.
Novelas, investigación histórica ou social, relatos infantís son algúns dos exemplos que os visitantes a este evento puideron atopar ao longo da pasada fin de semana nas Prazas de Avelino Vicente (A Guarda) e Praça Conselheiro Silva Torres (Caminha), onde desenvolveuse de maneira simultánea.
O evento constituíuse de dúas partes diferenciadas: dunha banda a venda e exposición de libros publicados polos Concellos do Baixo e do Alto Minho e doutra banda a realización de actividades como presentacións de libros, recitais de poesía, concertos… que nos achegaron á nosa identidade literaria nun formato mais dinámico.
Aínda que o Encontro do Libro Luso Galaico estivo organizado polos Concellos de Caminha e A Guarda, estiveron presentes nel os diferentes concellos da fronteira: Oia, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda de Caselas do lado galego e Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.
Entre as accións máis destacables, cabe subliñar os concertos de Nelson Quinteiro “As nosas músicas d’aquí” e de Xardín Desordenado, ou a presentación do ensaio “ A Construcción da Fronteira Portuguesa” a cargo de Silvia Cernadas. O recital de diferentes poetas portugueses ou o concerto da Academia de música Fernandes Fâo, completaron a programación na Guarda.
Tal e como manifestaron o Alcalde da Guarda, e o Presidente da Câmara de Caminha, este evento é unha forma máis de achegamento entre dous pobos irmáns, que cada día tenden lazos e se achegan con accións e actividades en común.