Ribadavia | Este venres 17 de setembro celebrarase, ás 17:00 horas, na Casa do Concello de Rivadavia, a terceira xornada, de carácter formativa, do ciclo de Boas Novas No Camiño que ao neste mes de setembro está a abordar as boas prácticas culturais en catro territorios do Camiño.
Esta data reunirá a voces expertas do eido da cultura galega e portuguesa baixo o título As cidades como escenario a través das artes escénicas que dialogarán sobre a xestión cultural en eventos onde o ámbito artístico atópase estreitamente relacionado co patrimonio histórico-cultural como espazo de representación.
A sesión celebrarase en formato híbrido, presencial e tamén en streaming a través da canle de Youtube da AGPXC. A iniciativa está organizada pola Asociación de Profesionais da Xestión Cultural co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Proxectos participantes:
Mostra Internacional de Teatro (MIT) Ribadavia é o proxecto galego seleccionado. Conta cun gran prestixio nos festivais contemporáneos no ámbito europeo.
Participa Roberto Pascual, director do MIT.
O Centro das Artes escénicas e a Música de Extremadura (CEMART) é o proxecto nacional seleccionado. Comprende o programa Rede de Teatro para a divulgación cultural.
Participa Toni Álvarez, como directora do CEMART.
A Feria ibérica de Teatro de Fundão promove os intercambios comerciais entre empresas portuguesas e españolas e xestores culturais, como forma de impulsar a actividade teatral.
Participa Miguel Nascimento, membro da comisión executiva.
AGPXC busca fomentar a difusión do coñecemento entorno á cultura dos territorios galegos seleccionados.
Participa Pilar Portela, presidenta da Asociación.
Modera: Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultural Galega.