Saldeda de Caselas | A concellería de emprego e formación do Concello, ó fronte da que está a Primeira Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, está a traballar na dinamización do CDL de O Torrón, no que terán cabida tódalas actividades relacionadas co emprego e a formación; e cuxo principal obxectivo é a creación de un viveiro de empresas e a continuación dun Plan de Formación que xa deu comenzo a principios deste ano 2012.
A próxima posta en marcha do viveiro de empresas municipal por parte da Concellería de Emprego obedece á necesidade de dar unha maior facilidade para crear empresas e novos autónomos, facilitándolles un espazo físico onde comenzar a sua andaina profesional e empresarial.
Marina Cabaleiro, sinala que “non debemos esquecer que as pequenas empresas e os autónomos son o verdadeiro motor da nosa economía, en consecuencia debemos facilitar a creación deste tipo de empresas”
O Técnico de emprego local, Claudio González, considera que é todo un mérito para un concello do tamaño de Salceda de Caselas, cos escasos recursos que ten, tanto económicos como de persoal, teña unha infraestructura de este tipo, un viveiro de empresas tan que aspira a ser un referente na comarca, sendo moi necesarios para fomentar o autoemprego, como saída necesarioa para que moitos desempregados volvan a traballar. “Persoalmente tiven esta idea presente fai máis de 10 anos e por fin teño a oportunidade de prestar o meu apoio para levala a cabo”.
PRIMEIRO CONCELLO DESTAS CARÁCTERISTICAS CON VIVEIRO PROPIO
Marina Cabaleiro, tamén quere salientar que con esta iniciativa da Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas, este municipio pasa a ser dos poucos de Galicia que teñen un viveiro de empresas propio, e atreveríamos a decir que o primeiro das suas dimensións (menos de 10.000 habitantes), na provincia de Pontevedra só constan catro viveiros municipais de empresas.
O Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón contará tamén con distintas aulas de formación entre a que se encontra un aula de novas tecnoloxías, espazos necesarios para levar a cabo o Plan de Formación que xa deu comenzo a principios deste ano 2012.
O longo deste ano xa tiveron lugar moitas accións de formación, entre as que se atopan cursos de manipulador de alimentos, búsqueda activa de emprego, redes sociais ou ofimática. Dentro destas iniciativas levadas acabo ubícase o curso de Ofimática Nivel Avanzado que acaba de ser clausurado este xoves.
SERVIZOS OFERTADOS
Os Servizos que se lle ofertarán os beneficiarios do viveiro serán diversos, dende o estudo de viabilidade da sua idea empresarial, información e tramitación de subvencións e axudas, a cesión de oficinas equipadas e sala de xuntas e reunións, aula de formación en xestión empresarial e novas tecnoloxías, ou o asesoramento na xestión da empresa durante o primeiro ano de actividade. En definitiva trátase de que levar adiante unha idea de empresa sexa o máis doado e económico posible, para fomentar a creación de empresas e de empregos no Concello de Salceda de Caselas.
O resto dos servizos do CDL serán para formación, no que se seguirán realizando actividades formativas para todo tipo de usuarios: empregados, desempregados ou autónomos.
A número dous do equipo de goberno do Concello de Salceda de Caselas, a socialista Marina Cabaleiro, destaca que este foi o obxectivo prioritario que nos marcamos dende o comenzo desta lexislatura, e a pesar dos fortes recortes que tivemos que aplicar noutras áreas, conseguimos que nos orzamentos deste ano 2012, levados a pleno o venres 29 de xuño, teñamos unha partida destinada a adecuación do CDL de O Torrón para poder utilizalo como canal para tódalas políticas de emprego e formación.