Iniciativa Cidadá Europea pide abolición das patentes e acceso universal á vacina da COVID-19

Forma parte desta petición a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia

Santiago de Compostela | As vacinas fronte á Covid-19 nos países da Unión Europea, foron posibles, grazas a investigación dos laboratorios farmacéuticos, en boa medida con financiamento público: directa ou indirectamente, ademáis de que a Comisión Europea prometeu facer das vacinas un ben público universal. Pero ata o momento non promoveu ningunha lexislación que o faga cumprir.

É necesario que o acceso aos diagnósticos, tratamentos e vacinas fronte á COVID-19, non se vexan obstaculizados por monopolios farmacéuticos que limiten a sua capacidade de produción mundial e eleven os prezos de forma abusiva, como está a suceder agora.

Parece lóxico, que durante a pandemia deberíase suprimir a aplicación das patentes (remunerando os gastos de investigación acreditados),  para comercializar os produtos a prezo de custo de fabricación. O interese xeral e a saúde pública deberían estar por encima do lucro duns poucos.

“A Iniciativa: Cidadá Europea #Right2Cure, da que forma parte a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, pretende un cambio lexislativo na Comisión Europea, presentando un millón de firmas recollidas nos vinte e sete estados membros da UE”

A Iniciativa: Cidadá Europea #Right2Cure, da que forma parte a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, pretende un cambio lexislativo na Comisión Europea, presentando un millón de firmas recollidas nos vinte e sete estados membros da UE, para que:

● Os dereitos de propiedade intelectual, incluídas as patentes, non dificulten a accesibilidade ou a dispoñibilidade de calquera futura vacina ou tratamento para a COVID-19, suprimindo  estas patentes.

● A lexislación da Unión Europea sobre os datos e a exclusividade comercial, non limite a eficacia inmediata das licenzas obrigatorias expedidas polos Estados Membros.

● Para que introduza a obrigación xurídica aos beneficiarios de fondos da UE de compartir coñecementos en materia de tecnoloxía sanitaria, a propiedade intelectual ou os datos dun consorcio de tecnoloxía ou patentes en relación coa COVID-19.

A campaña está en coordinación con outros territorios do estado que están desenvolvendo a súa propia, como Valencia ou Euskadi, en colaboración co Comité a nivel do estado, e que estas campañas están promovidas e coordenadas, tamén, a nivel europeo.

Adhesións ao presente texto de apoio á Iniciativa Cidadá  Europea:
Nome
(enviar a mmargar1951@gmail.com)