Salceda de Caselas | O vindeiro 13 de xuño abrirase o prazo para inscribirse nos Cursos de Natación que se impartirán na Piscina Municipal de Salceda de Caselas.
Ditos cursos levaranse a cabo, en xornada de maña, durante os meses de xullo e agosto.
Os prazos de inscrición para as persoas que queiran participar nos cursos durante o mes de xullo remata o 27 de xuño e para aquelas que queiran facelo durante o mes de agosto o prazo remata o 27 de xullo. O prezo mensual pola actividade será de 25 euros para as persoas nadas entre o 2008 e 2018 e de 30 euros para as persoas nadas antes do 2008.
A ficha de solicitude de inscrición poderase obter na páxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou recoller o formulario na Casa da Cultura onde se entregarán xunto co xustificante de abono das taxas.