Salvaterra de Miño | Esta semana remataron as obras no Pavillón Municipal Cándido Carrera de implantación de paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía eléctrica para a alimentación da iluminación e da xeración de enerxía térmica para os acumuladores de auga quente sanitaria ACS.
Ademais na obra subvencionada polo fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos Concellos de Galicia, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, por un importe de máis de 60.000 euros substituironse as luminarias da pista deportiva, por luminarias de maior eficiencia con tecnoloxía LED.
Esta é unha acción que busca adecuar os niveis de iluminación e o mesmo tempo adaptar o edificio á normativa vixente cunha maior eficiencia e aforro enerxético.
Todo se enmarca dentro das liñas de actuación aprobadas no Plan de Acción polo clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello de Salvaterra de Miño no ano 2022.