Salvaterra | O Concello de Salvaterra ven de instalar os tres primeiros dispensadores de xel desinfectantes nas Ruas de Salvaterra, e nestes dias seguirase coa instalación paulatinamente. Os tres primeiros dispensadores foron colocados na entrada do Concello, na Praza de Abastos e no Centro Médico.
Esta campaña compleméntase coa instalación de diversos dispensadores no interior do propio Concello, Casas de Cultura, pavillóns e tendas de alimentación.