Salvaterra de Miño | O pasado 27 de setembro a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Educación, Lorena Soto, recibiron no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño ó grupo de alumnos e alumnas de intercambio do Instituto Kopernikusschule Freigericht procedentes da localidade de Freigericht en Alemaña.
Os 17 rapaces e rapazas que estudan español como segunda lingua que veñen acompañados de 2 profesoras que coñecerán durante os próximos días o noso municipio e visitarán outros puntos importantes da comunidade pasando a súa estancia con familias do noso Concello.
En Salvaterra de Miño xa visitaron o recinto amurallado ademais do Museo da Ciencia do Viño e nos vindeiros días coñecerán o Espazo Termal de Teáns Oleiros e o seu entorno.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, fixo unha breve exposición da nosa historia e cultura nun acto no que estivo acompañada do coordinador de Proxectos Internacionais do IES Salvaterra de Miño, Demetrio Prego, quen agradeceu novamente a colaboración do concello neste tipo de proxectos que xa se veñen realizando dende hai varios anos.