Vigo | Unha delegación do Reino Unido visita estes días a Zona Franca de Vigo, acompañados por representantes da Embaixada Británica en España, que xa estiveran en Vigo hai un ano.
Coa saída do Reino Unido da UE e para fomentar o comercio internacional, que sufriu co Brexit, o país está interesado no modelo da Zona Franca viguesa, ao considerala un exemplo e motor económico.
Neste sentido, o delegado do Estado, David Regades, explicou á delegación o funcionamento da Zona Franca.
A delegación mostrouse especialmente interesada no operativo da aduana e o chan libre de impostos en España, así como no apoio ás empresas e a atracción de proxectos e talento.