Tomiño | Representantes de traídas de auga locais de varios países europeos, entre eles, Irlanda, Austria e Italia, visitarán Tomiño o vindeiro xoves, 6 de xuño, co fin de manter un encontro de traballo coas traídas locais e compartir experiencias e coñecementos.
A de Tomiño é a segunda parte das xornadas “Status Quo das comunidades de usuarios de auga de consumo a nivel de Europa”, organizadas polo partenariado “Life Water Way”, en Santiago de Compostela; concretamente, no Salón de Actos de la Consellería de Sanidade, o día 5, desde as 9.15 hasta las 14.00 horas.
Trátase dunha conferencia internacional dedicada aos pequenos abastecementos rurais en Europa e enmarcada na acción de networking do proxecto Life Water Way, coa participación de universidades e organismos estatais de Italia, Austria e Irlanda e, lóxicamente, de España (Ministerio de Sanidad, Xunta de Galicia, concellos de Abegondo e Tomiño, Asociacións de traídas de auga COXAPO, etc.).
A xornada do día 6 comezará ás 8.00h no Hotel Nova Colina de Tomiño, cunha reunións de traballo (a partir das 9.00h) e unha visita ás traídas de auga de Amorín, Torrón, Barro e Estás.
Pola tarde, no salón de plenos do Concello, haberá unha serie de ponencias a cargo de diferentes responsables da Administración Autonómica e Local, e das asociacións que velan polo mantemento sustentable dos sistemas tradicionais de abastecemento de auga no rural.
Deste xeito, ás 19.00h, abrirá a quenda de participación a concelleira de Medio Ambiente en funcións do Concello de Tomiño, Mª Xosé Vázquez para dar a benvida aos visitantes e explicar as bases do “Proxecto tomiñés para as comunidades de augas”.
A continuación, Elvira Íñiguez Pichel, técnica do Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta, que falará das novidades lexislativas que afectan ás comunidades de augas.
Raquel Piñeiro Rebolo, técnica de Calidade de Augas de Galicia, exporá a instrución técnica aplicable aos abastecementos autónomos; e Carlos Ameixenda, do Concello de Abegondo e director de Life Rural Supplies, presentará “O Caso de Abegondo”.
Intervirán logo as comunidades estranxeiras convidadas co fin de relatar as experiencias nos seus países no tema de subministros de auga rurais e brindar unha visión xeral da situación actual.
Por último, pechará esta queda de intervencións, Rafael Carrera (COXAPO) para referirase aos obxectivos da asociación e ao papel que desempeña na actualidade, con máis de 300 asociacións de toda Galicia e 75.000 socios.
Estas conferencias están especialmente destinadas a representantes das traídas de auga da zona, pero tamén a público en xeral.