A Coruña | Asturias e Galicia viviron este sábado unha xornada de irmandamento na sala de cultura do Sporting Club Casino da Coruña. O acto foi organizado pola Centro Asturiano da Coruña e o colectivo Día de Galicia en Asturias. Interviñeron o exalcalde da Coruña Francisco Vázquez, e o alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli.
Na celebración matinal e posterior xantar, participaron varias decenas de galegos residentes en Oviedo, ademais de asturianos residentes en Galicia. Interveu tamén o presidente da entidade anfitrioa, José Medin Guyatt, quen deu a benvida aos asistentes; ademais dos directivos das sociedades hermanadas, José Manuel Rodríguez González por parte do Centro Asturiano e o ourensán Manuel Fernández Quevedo, presidente do Día de Galicia en Asturias.
Un dos momentos máis significativos do encontro foi o intercambio de agasallos institucionais entre as sociedades hermanadas, como símbolo dos lazos que a partir de agora unirán a ambas as comunidades.
A xornada continuou cun pequeno concerto da soprano de Mieres, Tina Gutiérrez, unha das mellores voces da música lírica e unha muller a quen avala unha longa traxectoria profesional e solidaria. Tamén actuou o coro do Centro Asturiano da Coruña dirixido por Carlota Valentí. O acto concluíu coa interpretación dos himnos de Asturias e de Galicia.
Seguidamente, os participantes trasladáronse á novena planta do edificio, ao restaurante “Leirón”, onde degustaron dun completo e tradicional cocido galego, compartindo así non só experiencias culturais, senón tamén gastromómicas.
A visita á Coruña dos galegos en Oviedo comezou o venres día 27 pola tarde e continuará o domingo con visitas a diversos lugares emblemáticos da Coruña. Nas fotos, José Manuel Rodríguez González e Manuel Fernández Quevedo. Actuación da coral do Centro Asturiano da Coruña.