Isaac Diaz Pardo


De Isaac Díaz Pardo, conservador libertario –como el dicía, se poden destacar aínda ben calidades á marxe das estritamente artísticas e literarias. Foi dunha xeración de xentes de ben, dos que todos temos moito que aprender. Xeración única e irrepetible no amor a Galiza. Algunhas desas, as calidades humanas, xa son moi escasas no común da xente e, peor aínda, nos tempos que corren. Por exemplo a súa humildade, o seu nulo interese polo protagonismo, o seu enxeño creador e imaxinativo sempre desbordado para lograr algún obxectivo común, a súa portentosa memoria, a súa amizade e nobreza, a súa fascinante conversa, o encantamento das ideas, a súa integridade e coherencia, … e moitas máis que non caberían aquí. Pero eu quixera gardar e salientar, sobre de todas elas, a de non se dar nunca por vencido. Sabendo o quería, que o sabía perfectamente, miraba cara a cara a verdade e diante dela non se amedrentou, nin sequera porque as cousas se puxesen máis difíciles. Seguía teimudo, pertinaz, mesmo axudando aos demais a ver que a meta estaba moito máis próxima. Así foi que gañóu tantas batallas para nós.
* Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero.

Mestre e músico.