Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño dará comezo ao 4º Ciclo de Cine de Inverno, unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.
Dende o 20 de xaneiro ata o 10 de marzo, nenos e maiores poderán gozar dunha oferta coas estreas do ano 2022 e 2023 que cumprirán as expectativas dos espectadores. Os sábados ás 22:00 da noite e os domingos ás 17:00 horas(sesión infantil) no salón de actos da Casa de Cultura temos unha cita cinematográfica de balde.