IV edición de “Salvaterra Emprega”

Dará emprego a 25 persoas cunha financiación de 400.000€

Salvaterra de Miño | O obradoiro dará emprego a un total de 25 persoas, son 20 persoas en situación de desemprego que a través do obradoiro obterán un certificado de profesionalidade no ámbito forestal e xardinería e 5 que forman parte do equipo directivo.

O Concello de Salvaterra de Miño iniciou esta mañá un novo obradoiro de emprego “SALVATERRA EMPREGA IV” cunha financiación de máis de 400.000 euros, coa que se busca continuar coa liña de fomento do emprego en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

A través deste obradoiro se posibilita que un total de 20 persoas desempregadas se formen e capaciten nas especialidades formativas ofertadas do ámbito forestal e xardinería e 5 as que formarán parte do equipo directivo do obradoiro coa finalidade de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio.

SALVATERRA EMPREGA IV terá unha duración de 9 meses nos cales o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si. Ademais, tal e como se fixo en anos anteriores, sendo este o cuarto consecutivo, no apartado de fortestal mantense a colaboración coa Comunidade de Montes de Pesqueiras.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.