
O Rosal | Este sábado 18 de decembro terá lugar a IV Homenaxe Pola Memoria no Baixo Miño. Será ás 12h na Alameda de San Miguel de Tabagón, sendo homenaxeado José Cardoso Martínez, coñecido popularmente como “O barbeiro de Tabagón”.

Nacido en San Miguel de Tabagón en 1904 e asasinado mediante o “paseo” ás aforas de Goián o 5 de agosto de 1936, foi o primeiro asasinado tralo Golpe de Estado no Concello do Rosal.
A homenaxe está organizada polo CS Fuscalho, a AC Carballas e a AC Xuliva, e contará coas seguintes intervencións:
- Carlos Méixome, escritor e historiador especializado na represión franquista
- Marisa Guerra, poeta local
- Marcos Pérez, bisneto de José Cardoso
- Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal
- Moncho Leal, activista pola memoria histórica
- Lara Villaverde, cantautora tomiñesa