Justo Beramendi: o galego que decidiu selo.

A biografia do madrileño de orixe vasco de nai e andaluz de crianza, Justo Beramendi demostra que, por moito que nos conten os chineses a teoría das follas que seica han caer perto da súa árbore, en realidade pertencemos á terra onde eliximos botar raíces, como elixiron botalas no noso país Justo e a súa dona, Carmen Alvarez, hai agora 50 anos, malia que fose unha decisión precedida polo achegamento a Galicia a medio da comunidade galega de Barcelona dende 1969. Achegamento ou mergullamento ao que contribuiu de xeito sobranceiro o arquitecto Xosé Manuel Casabella.

Neste medio século longo de galeguidade e galeguismo Justo (moitos chamámoslle Xusto) construiu sociedade civil e desenvolveu a nosa historia e memoria. Deseñou e desenvolveu a oferta cultural dunha das primeiras institucións deste país (o Colexio de Arquitectos de Galicia), dirixiu a andaina do Museo do Pobo Galego como presidente do seu Padroado, deixou a súa pegada en institucións senlleiras como a Fundación Vicente Risco e partillou dun xeito moi sobranceiro, dende o seu labor docente e investigador como catedrático de Historia Contemporánea da USC, a debullar e definir a xénese, evolución e impronta do nacionalismo galego na fasquia social e política contemporánea deste país.

Justo Beramendi e Carmen Alvarez morreron galegos por teren botado raíces eternas neste país. O país onde medraron, traballan e para o que constrúen os seus fillos, Pablo e Mario, mentres debuta xa a terceira xeración Beramendi-Alvarez.

“Neste medio século longo de galeguidade e galeguismo Justo (moitos chamámoslle Xusto) construiu sociedade civil e desenvolveu a nosa historia e memoria”

Justo Beramendi: o galego que decidiu selo.

Advogado. Colabora en varios medios galegos.