La Vuelta 24 enche de brillo a Ponteareas

A Vila do Corpus deu a saída da 10º etapa que rematou en Baiona

Ponteareas | Tras doce anos de ausencia, La Vuelta a España volveu a Ponteareas. Este 27 de agosto a Vila do Corpus recibiu aos mellores ciclistas do mundo na 10º etapa de 160 quilómetros que rematou en Baiona, sendo a única etapa que se levou a cabo este ano en Galicia.

Dende Ponteareas os ciclistas percorreron Mondariz, Outerelo, Covelo, A Lamosa, A Cañiza, Sibei, A Lomba, Arbo, Tui, Tebra, Bonaval, Burgueira, Alto de Mabia, A Barroca, Alto de Mougás, Baredo e Faro Silleiro ata o final da etapa na vila baionesa. A dureza do percorrido para os ciclistas participantes foi patente tomando en conta os tramos de montaña a 75 metros de altitude ata baixar á costa baionesa. O vencedor desta etapa foi o belga Wout van Aert (Team Visma), quen segue a liderar esta edición 2024, seguido do francés Quentin Parcher (Groupama FDJ)

Coa Alcaldesa Nava Castro como anfitriona, a saída foi inaugurada ao lado da Casa do Concello polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, estando tamén presentes o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, a totalidade dos membros da Corporación Municipal ponteareán ademais de Alcaldes e Alcaldesas do Condado-Paradanta e Louriña. Unha masiva presenza de veciños e de visitantes demostraron o enorme interese por esta etapa.

Con esta edición, Ponteareas confirmou a súa aposta por confluír deporte e atractivos turísticos a través desta competición, sendo a cuarta vez en recibir La Vuelta tras as edicións de 1987, 2011 e 2012. Unha competición na que Ponteareas tamén ten estado historicamente representada en ciclistas como Delio Rodríguez, o seu irmán Emilio Rodríguez e Álvaro Pino.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.