Ourense | Francisco Nóvoa Rodríguez é o autor de “Lembranzas dun camiño” un libro con limiar de Avelino Muleiro, editado por Servipost Editores e impreso por Tórculo Artes Gráficas. A publicación en galego con máis de trescentas páxinas e gran profusión de fotografías, recolle a traxectoria vital do autor desde a súa infancia ata o matrimonio con Mercedes.
Outro capítulo percorre os 37 anos como funcionario do Corpo Executivo de Correos, dos que os doce últimos foi xefe provincial en Ourense. Foi en 1968 cando iniciou os pasos para constituir o grupo Academia Postal, Centro de Formación, un referente a nivel nacional na preparación de oposicións, si ben nos últimos tempos diversificou as áreas de actividade. As últimas páxinas están adicadas á actividade filantrópica do empresario.
Paco Nóvoa, como gusta que lle chamen, naceu en 1944 da aldea de Francos (Maceda). Tanto no libro como nas súas actividades presume no seu lugar de nacencia. É pai de catro fillos e avó de catro netos “que conforman, xunto coa miña muller, o núcleo familiar e motor da miña vida, o éxito máis noble e valioso”, asegura.
Nóvoa Rodríguez considerase afortunado por nacer nunha familia amable, honrada e traballadora; curioso desde pequeño e criado na cultura do esforzo e da responsabilidade, que conseguíu abrirse camiño na vida diferente ao que era habitual nunha aldea galega da postguerra.
Ademáis da bagaxe empresarial, Paco Nóvoa destaca como gran impulsor do deporte provincial, en especial do fútbol sala e atletismo, liderando equipos que alcanzaron máximas categorías nas ligas nacionais, pero tamén apoiando outros deportes como o ciclismo, fútbol, xadrez e tamén polo seu compromiso e dedicación a numerosas e variados proxectos culturais e sociais.
“Levo con orgullo que me nomeasen Fillo Predilecto de Maceda e a miña brúxula vital apunta constantemente á vila que me viu nacer”, afirma.