Ourense | Durante o pasado mes de agosto, unha nova estrela no mundo da Arte deuse a coñecer no Espazo Xove de Ourense, e sí, dixen ben… una artista de verdade, que xurde como unha prezada xoia no mundo tan denostado do que se fai chamar arte e que en realidade é unha triste e fatidica farsa.
Lidia Vilariño, chámase así, sen ningún enmascaramento, tal como é, sinxela e clara, como reflexa nas súas creacións.
Lidia ten a humildade do artista que está no bo camiño, porque resolve todas as dificultades coa técnica e o rigor do ensino clásico, algo así como a aprendizaxe necesaria para interpretar as ideas creativas que lle chegan e que a través da técnica, ten que resolver todo artista que se preze.
Otredad
Con este título presentou unha escolma de unha ducia de pinturas, nas que define con forza a sua capacidade creativa na que amosa a rudeza do mundo cotiá.
As expresións da xente ca que convive surden como dunha fonte de auga fresca que Lidia atrapa de súpeto nos seus lenzos. A ollada dunha muller maior, a reacción dun home ante un prato de comida, o peso da soidade dun personaxe anónimo nun transporte público, uns ratos, unha conversa de mulleres ou o abafamento dunha muller que asfixia a uns pequenos nun vagón dun transporte metropoliano, unha escena policíaca na que seis policias fortemene armados ameazan a un home en panos menores a saída dun baño ou unha paixaxe urbán sen aparente interese pero que amosa un claro perfecionamento da técnica, das cores, da perspectiva e de todo aquello que ten que saber un artista para facer grandes obras e expresar e darlle vida a un lenzo, e Lidia faino maxistralmente.
Unha das características da súa obra, e precisamente a composición libre na que elixe a ubicación da figura nun plano distinto ao habitual, conseguindo dese xeito darlle unha maior forza a mensaxe e a expresividade da creación. As cores son puras, na procura de grandes contrastes e danlle máis forza e expresividade. Noraboa.