Ourense | Lidia Villarino Álvarez, xoven pintora ourensán de25 anos, presentou na Casa da Xuventude de Ourense, unha mostra dos seus traballos. Tratase da súa primeira exposición individual, (pintura e fotografía) a máis de amosar as súas creacións, tamen pintou “in situ” para mostrar a xente que se achegou a exposición, a orixe dunha obra e a técnica e a creatividade que a acompañan.
Estudante de restauración e conservación en Bizkaia, presenta neste “tour” unha mostra de retratos e escenas costumbristas, (un autoretrato seu xa fora seleccionado para publicalo na revista Nós, a Xente do Redor) onde colaboran firmas tan recoñecidas como, Miguel Ángel Martinez Coello, Maite Vázquez, Paco Ascón, Antón Pulido, Lola Doporto, entre outros.
A pesares da súa xuventude esta artista xa expuxo en Londres, Madrid e Bilbao; agora fará un percorrido por diferentes espazos xovenes de Galicia. A seguinte parada desta marabillosa viaxe é en Chantada, onde se poden visitar as obras de fotografía e de pintura no Espazo Xoven e na Casa da Cultura, durante todo o mes de setembro.
Tamen foi invitada a Feira Internacional de Arte o Gois-Oroso Arte en Portugal onde seleccionaron unha das súas obras que forma parte da exposición de setembro.
Sen dúbida a Ourense o arte agromalle coma a auga As Burgas, este é o caso desta artista de técnica exquisita, cargada de sensibilidade en cada unha das súas creacións.