O martes 7 de maio tivo lugar un encontro na Universidade de Pisa onde se presentaronn as tres obras que desde os Centros de Estudos Galegos de Italia se publicaron no ano 2018. A esta cita acudiron os directores dos tres centros que existen neste momento en Italia: GiovanniBorriero da Universidade de Padova, AttilioCastellucci da Universidade La Sapienza de Roma e CarloPulsoni e Marco Paone da Universidade de Perugia. Con eles conversaron FabrizioCigni e Valeria Tocco en representación da Universidade de Pisa.
Organiza o encontro a cátedra Antero de Quental – Camões integrada no Departamento de Filoloxía, Literatura e Lingüística da Universidade de Pisa. Cómpre destacar a vitalidade dos Centros de Estudos Galegos de Italia xa que no ano pasado deron ao prelo os volumes Lois Pereiro. Poesia ultima di amore e malattia a cargo de Marco Paone e publicada pola editorial Aguaplano, unha tradución do célebre libro do autor monfortino; La letteratura galega. Autori e testi, a cargo de GiovanniBorrieroe Gemma Álvarez Maneiro publicada pola editorial Carocci, e La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese, a cargo de PärLarson e publicada tamén por Carocci.
De feito esta última editorial, de grande prestixio no ámbito universitario italiano,habilitou a colección Finisterrae coa finalidade de dar a coñecer textos relacionados co ámbito cultural galego. A selección e edición dos volumes da serie Finisterrae corre a cargo dos tres directores dos centros de Estudos Galegos en Italia.