Chantada | A XL Feira do Viño de Chantada celebrarase o venres, 10, o sábado, 11 e o domingo, 12 de marzo. Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura do Concello de Chantada presentouna no restaurante Os Pendellos onde tamén estiveron adegueiras e adegueiros participantes; Néstor Quiroga, presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra e o técnico de Cultura, Ramón Caamaño.
O cartel é obra do veciño Alejandro García, ciruxán e ilustrador. O programa é semellante ao dos anos anteriores. Continúase apostando polas agrupacións e as empresas colaboradoras locais, as actuacións na rúa a pé da carpa, as actividades gratuítas para as nenas e nenos, o túnel do viño, a cata popular e o peche de stands a horas concretas cada día. O venres, 10 de marzo, os stands das adegas pecharán ás 2:30 horas. O sábado 11 de marzo farano ás 3:30 e o domingo ás 00:30 h.
A entrada ao túnel do viño terá un custo de 10 euros e celebrarase coma sempre no Auditorio Municipal. A cata popular seguirase realizando na carpa principal e terá un custo de 5 euros. O pregoeiro deste ano é Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Nos mesmos días que se celebra a XL Feira do Viño deChantada tamén se desenvolverán a XIV edición da Feira de Oportunidades e a XIII edición da Mostra de Produtos e Artesanía organizadas pola Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.
Este ano participan un total de 15 adegas, unha máis ca o ano pasado: Os Cipreses, Enonatur, Adegas e Viñedos Lareu, Adegas Amedo, Adega Castrofiz, Adegas Condado de Sequeiras, Albarduxe, Vía Romana Adegas e Viñedos, Adega Cabo do Mundo, Pilares de Belesar, Instinto Romano, Adega Diego de Lemos, Bodega Pincelo, Adega Calexotes, Adega e Santa María de Nogueira.
A parte musical estará amenizada por: Velaísca, Son de Outeiro, Tradescola Searas, Casa Da Música de Chantada Albeiro Ardoa Banda de Música de Chantada, Charanga Unión Phenosa Festicultores Troupe – Cultivadores de Festas Orquesta Trebol Orquesta Saudade Grupo de gaitas “Os Barrios” de Chantada Charanga NBA Banda de Gaitas de Chantada Louband Oficial Orquesta Compostela.