Ponteareas | Luís Bará (BNG) deputado ante o Parlamento galego e cabeza de lista electoral pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro visitou a empresa “Hermanos Castro” en Ponteareas para apostar por un novo modelo de produción forestal.
Bará eloxiou o traballo desta empresa na “transformación da madeira na produción local” exaltando como un “exemplo do potencial do noso sector forestal”. O cabeza de lista nacionalista apostou pola “transformación do sector forestal en productos de valor engadido como a madeira termotratada, para a construción, a nivel escultural, etc”.
Así asegurou que ” BNG fará unha grande aposta polo desenvolvemento do sector forestal e da transformación da cadea da madeira”.