Ourense | O presidente da Deputación, Luís Menor, visitou o recinto de Expourense, onde está ubicada a iniciativa Funtastik ata o vindeiro 13 de outubro, e que conta coa colaboración da Deputación.
Menor destaca a gran acollida de Funtastik como “un novo concepto de ocio que ten idea de continuidade”, e puido comprobar a satisfacción e ledicia coa que a rapazada acolleu esta experiencia multiaventura.
Na visita, a organización transmitiulle a Luís Menor que se prevé unha afluencia de máis de 10.000 persoas, destacando a gran acollida que tivo entre o público, tanto na primeira fin de semana como no resto dos días, proba de que se esgotaron as 4.000 entradas facilitadas pola Deputación aos concellos da provincia.
A primeira edición de “Funtastik. No limits”, é un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades, que se enmarca dentro do compromiso das institucións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Funtastik busca potenciar espazos de lecer e educativos para todas as familias, e na que xa están inscritos máis de vinte colexios. En Expourense ofreceranse espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou físicamente en Expourense pola semana.