Vigo/PPdeG | O Comité Organizador do Congreso (COC) do PP de Vigo pechou este 4 de febreiro os quince días de prazo oficial para o rexistro de candidaturas á presidencia da formación e confirmou a presentación dunha soa aspirante, Luisa Sánchez Méndez, que actualmente é vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e concelleira do grupo municipal.
De cara ao XIV Congreso do PP vigués a celebrarse o 22 de febreiro abrirase un proceso de campaña electoral entre os días 6 e 15 de febreiro para que Sánchez presente o seu proxecto ante os militantes da formación.