Máis de 1.000 persoas no acendido do alumeado de Nadal en Mos

Este 4 de decembro en Sanguiñeda

Mos | Onte domingo 4 de decembro celebrouse en Sanguiñeda, na rotonda das Angustias, o acendido do alumeado de Nadal. Houbo actividades dende as 11:00 h con mercadiño de artesanía, animación infantil e de rúa (zancudos, obradoiro de pintado de caras para os máis pequenos…).

Ás 18:00 h celebrouse o concerto de “A Banda da Balbina” que foi todo un éxito, co acendido do alumeado ás 18.30 h. O fin de festa, como xa vén sendo tradición, foi con chocolate con rosca para todas as familias asistentes.

Ademais de “A Banda da Balbina”, durante todo o día actuaron grupos folclóricos mosenses: o Grupo de Baile e Gaitas Nosa Terra de Pereiras, o Gupo de Gaitas Airiños do Castelo, o Grupo de Gaitas de Herville e o Grupo de Gaitas Ruada de Torroso.

Durante toda a xornada de onte máis de 1.000 persoas pasaron polas Angustias para gozar dos diferentes actos do domingo do acendido do alumeado de Nadal en Mos. Durante a actuación musical de “A Banda da Balbina” e a conta atrás para o acendido congregáronse na rotonda 700 persoas.

A administración local estivo representada onte en Sanguiñeda pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e os tamén edís mosenses Leo Costas, Julia Loureiro, José Areal e Baldomero Lorenzo.

Por sétimo ano consecutivo (agás o 2020 no que non se realizou por mor da pandemia) dende o Concello quíxose dar comezo a esta época de ilusión con este evento simbólico de encendido que tanto lles gusta ós veciños e veciñas mosenses. Mostra delo é que se acadara unha afluencia de máis de 1.000 participantes asistentes.

A programación navideña deste ano do Concello de Mos caracterízase, como ven sendo unha constante dende fai varios anos, por constar de actividades que fomentan o ocio familiar.

Alumeado
O alumeado deste ano caracterízase por ter como sempre un toque especial, incluíndo elementos chamativos coma árbores navideñas xigantes de luz. Os lugares nos que se puxo especial énfase neste tipo de detalles foron as zonas urbanas do municipio, como por exemplo a propia Praza do Concello, San Eleuterio, o alto de Puxeiros, San Rafael en Pereiras, ou a Avenida de Sanguiñeda, entre outras.

760.000€ para o IES de Mos
A semana pasada o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo Xefe territorial de Educación, e a Inspectora de Centros e a xefa da unidade técnica visitaron o IES de Mos coa a Alcaldesa de Mos, Nidia Areválo, a Concelleira de Educación Julia Loureiro, e o Director do Centro Xurxo Collazo así como membros da ANPA e do profesorado.

Todos eles recibiron as explicacións de Estefanía Grandal, arquitecta mosense redactora do proxecto.

Nesta visita o conselleiro anunciou a inminente licitación da ampliación do centro por 750.000 euros que permitirá acoller novos ciclos de FP Básica. Inversión que se suma os máis de 400.000 euros executados para a mellora da cuberta. Co obxecto de ampliar a oferta formativa e ofrecer mellores servicios a comunidade educativa.

Esta ampliación do Instituto vai a permitir crear novas clases que se situaran no primeiro andar do edificio, que concentrará a maior parte da obra. Serán en total catro novos espazos, todos eles cunha superficie maior de 60 m2 e con iluminación exterior.

Ademais, neste mesmo andar crearase unha zona de estudo comunicada coa biblioteca a través dunhas novas escaleiras cara ao piso inferior.

Xa na planta baixa a intervención centrarase na ampliación da biblioteca cara a zona do acceso principal do edifico, ademais de crear a devandita escaleira que permitirá subir á zona de estudo da planta primeira.

O obxectivo final é acadar centros más amplos, mellor dotados desde o punto de vista tecnolóxico, máis cómodos para alumnado e profesorado, máis respectuosos co medio ambiente e capaces de aforrar consumo enerxético.

A Alcaldesa de Mos,  agradece enormemente a inversión da Xunta de Galicia de máis de 2.5 M que leva invertidos nos centros educativo de Mos.

En especial esta ampliación no Instituto “porque non só se solventarán os problemas de aulas e espazo que levaba anos comunicando a dirección , se non que ademáis teremos a oportunidade de que o alumnado que queira facer unha FP básica a poida facer no noso Concello sen ter que desprazarse a concellos limítrofes”.