Salceda de Caselas | Salceda acolle neste Entroido unha ampla gama de actividades culturais con motivo do festexo destas festas. Comezando o venres cos mais cativos que sairán ás rúas de Salceda para mostrar a súa imaxinación na hora de confeccionar os traxes, que ademáis serán acompañados polos alumnos do CEIP Altamira e IES de Pedras Rubias.
O sábado acollerase o concurso de disfraces que terá lugar no parque Raíña Aragonta, onde se poderá disfrutar do inxenio creativo dos diferentes traxes, para dar paso ao gran día, o Domingo, onde máis de 600 persoas desfilarán polas rúas de Salceda, para participar no concurso de carrozas e comparsas e o concurso de coplas. Rematando a noite coa verbena que correrá a cargo de dúas orquestas.
A festa continúa o luns e martes a cargo dos barrios de Castro Barreiro e A Feira, que contan cunha tradición de case 200 anos de historia. Hoxe na Rolda de prensa celebrada Martín representando á Feira e Raul dende O Barreiro, coincidiron en que dous adxetivos forman parte das súas vidas dende fai dous meses, “Rivalidade e secretismo”, ambos coincidiron na tensión amistosa existente durante estos días entre ambos barrios, que se ven dando dende o longo da súa historia, xa que o que intentan ano tras ano é ridicularizar ao seu adversario. Ademais inciden na importancia que ten a procura de fondos para poder seguir realizando estos festexos, xa que o custe que xenera este tipo de eventos debe sufragarse a través doutros eventos realizados ao longo do ano. Por iso é importante contar coa comprensión dos veciños e veciñas para permitir que se realicen.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, incide no “gran inxenio que se mostra nestas festas, tanto na procura da temática, como en intentar plasmala na confección dos traxes e na realización da carroza. E agudizar o inxenio nas coplas, para poder realizar críticas ante certas situacións, que é o sentido propio que ten o Entroido.”
Marcos Besada di que “o mal momento económico que estamos a atravesar, non debe privarnos deste momento de festas, onde, a pesar de contar cunha solvencia económica de maior dificultade, a xente segue utilizando o seu inxenio, para disfrutar dunha festa de tanta tradición, facéndonos disfrutar a todos e todas as veciñas de tanto color e explendor nestas festas que presumen de tanta tradición no noso pobo”.