Arbo | O Concello de Arbo, a través da empresa SIF celebrou o seu campamento de verán durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do C.E.I.P. Antonio Carpinteiro. A actividade conto con máis de 95 rexistrados de diferentes idades entre os que ademas de veciños e veciñas de Arbo, tamén participaron doutros municipios.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, lembra que esta acción “busca que os máis pequenos poidan gozar de diferentes xornadas durante o verán con outras persoas da súa idade, establecendo contacto directo coa natureza e fomentando, ademais, os hábitos de vida saudable, a través de xogos e actividades deportivas, así como o traballo en equipo”.
O campamento conta con actividades creativas, acuáticas, de multiaventura, deportivas, de sensibilización coa natureza, así como veladas nocturnas. Todas elas axústanse ao principio de socialización, potenciando actitudes de cooperación e solidariedade cos compañeiros, do mesmo xeito que a realización de actividades mixtas, buscando a igualdade efectiva entre os participantes. Unha actividade estival que cada ano ten máis demanda.
O campamento de verán de Arbo, é unha iniciativa dirixida especialmente aos máis pequenos, pero coa intención de fomentar a conciliación familiar nestes meses sen clases e na que os maiores continúan traballando, na que ademais os nenos e nenas non perden contacto cos seus compañeiros e compañeiras e gozan dun verán divertido.
O vindeiro campamento, terá lugar no mes de Nadal, e dende o Concello de Arbo, animamos aos maís cativos e cativas a seguir participando nesta actividade.
Agradecera as monitoras e monitores polo traballo realizado durante os meses de xullo e agosto e que fixeron que os participantes disfrutasen do verán e aos país e nais e sobre todo aos nenos e nenas por escoller o campamento de verán para as súas vacacións.