O Concello de Salceda de Caselas acolleu a mais dun centenar de persoas que subiron ata o Faro de Budiño. A pesar da dura subida, tódolos sendeiristas, dun amplo intervalo de idades, foron quen de chegar ao final do sendeiro.
Entre a xente que acudiu á cita non só contamos coa presencia dos veciños e veciñas do pobo, senón que ademáis nos acompañaron persoas que viñeron de diversos puntos de Galicia, que coñeceron o noso entorno natural, que é de elevada importancia para o noso Concello.
Contouse na metade do percorrido cun punto de avituallamento, onde a xente aproveitou para facer unha parada e disfrutar da paisaxe que forma parte do entorno.
Nos vindeiros meses realizaranse novas saídas aos que convidamos a todos aqueles que queiran a participar neste tipo actos tan saudables. No mes de marzo realizaremos outra saída que será de menor dureza, para que a xente o poda disfrutar acompañado da familia.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Lorenzo móstrase satifeito co roteiro “moita xente nos acompañou na saída onde puideron disfrutar do noso entorno nun día tan soleado, onde, a pesar da dificultade do camiño, todo o mundo foi quen de finalizalo.”