Ante o desamparo dos afectados pola Xunta de Galiza, Mais Galiza, SLG e Adenco informan os veciños e veciñas
Salvaterra | Máis Galiza organiza o vindeiro venres 8 de xuño, un acto informativo na Casa da Cultura de Leirado en Salvaterra, ás 21.30h. sobre a praga do nematodo do piñeiro e as fumigacións nas plantacións de eucaliptos, en colaboración có Grupo ecoloxista Adenco e o SLG.
No acto intervirán , Gonzalo Constenla, exdelegado de Medio Rural na Xunta de Galiza e Secretario de relacións exteriores en MáisGaliza, Anxo Saborido, Presidente da Asociación Ecoloxista Adenco e presidente da Federación Galega de Ecoloxismo e Carmen Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.
Dende MáisGaliza de Salvaterra, queren manifestar, que no momento en que aparece a praga do nematodo do piñeiro no ano 2010 na comarca do Condado, a Xunta do PP non soubo como atallar este problema, actuando sempre con políticas de improvisación.
A información contradictoria vertida polo goberno da Xunta de Galiza neste período, fixo sementar a incerteza nos afectados. A Administración no lugar de darlle amparo legal e técnico fiable, o que fixo foi xerar graves problemas de inseguridade as veciñas e veciños,.
Francisco Sousa, Secretario local de Salvaterra, advirte que tres décadas de nefasta xestión forestal, do goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza, trouxeron entre outras consecuencias para o ecosistema, a aparición de numerosas pragas, polas políticas dos monocultivos e a desaparición da biodiversidade nos montes galegos. Exemplos claros os temos na praga do nematodo no piñeiro e a do gorgullo no eucalipto, que está a sufrir Galiza nestes intres.
O 31 de marzo a Xunta de Galiza, acordou fumigar as plantacións de eucaliptos contra o Gorgullo, insecto que provoca a perda de crecemento da especie. O pesticida, fluxfenuron, está excluído da lista de fitosanitarios autorizados pola Unión Europea desde setembro de 2011, por ser bioacumulable, persistente e tóxico.
+Galiza advirte que as fumigacións, có emprego deste produto químico, non solo afectarían a praga, senón que atacaría a outros seres vivos, ós acuíferos, o solo, e en xeral a o ecosistema