Tui | O sábado, 10 de agosto, vaise celebrar a IX Festa Gastronómica na rúa Compostela formando parte da programación da IX Festa do Miño. As asociación culturais do municipio que desexen participar neste evento gastronómico deberán presentar a súa solicitude, no modelo normalizado, xunto á documentación requirida mañá venres e o luns 5 de agosto de 9 a 14h por rexistro de entrada.
Establécese un máximo de 13 asociacións participantes ofrecerán o sábado 10 , de 20 a 00 h na rúa Compostela, produtos gastronómicos autóctonos e de elaboración artesanal nos dous postos que o concello porá a dispor de cada unha delas.
Xunto coa solicitude no modelo normalizado, dispoñible na web tui.gal, deberán presentar a documentación requirida que figura nas bases coma o copia do CIF, dos certificados dos carnés de manipulador de alimentos dos membros da asociación que participarán na festa, a carta dos produtos á venda e os seus prezos, e do recibo da taxa por ocupación de vía pública que ascende a 14,90€.
Lembramos que esta documentación débese presentar mañá venres e o luns 5 de agosto de 9 a 14 h por rexistro de entrada.