Fretado de autobuses, as organizacións ecoloxistas financian a metade da viaxe
O domingo 21 de xaneiro, o pobo galego volve a berrar Nunca Máis nas rúas de Compostela para denunciar o desastre ambiental provocado polo vertido de pellets e agravado polo desleixo do goberno galego en atallalo e remedialo. Unha vez máis, a cidadanía ten que autoorganizarse para limpar as praias ante a ausencia do Estado.
Amigas da Terra, Adega, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia xúntanse para fletar autobuses a Compostela desde as cidades galegas. As organizacións ecoloxistas financian a metade da viaxe, tendo que aboar só 5€ as persoas que queiran vir nestes autobuses.
O prazo para anotarse pecharase cando as prazas estean todas ocupadas, en todo caso antes do sábado día 20 de xaneiro. A praza considerarase reservada cando estea cumplimentado o pago.
Os 5 € hai que ingresalos antes do sábado 20 de xaneiro na conta: ES50 3070 0044 5463 6783 8221 (Caixa Rural Galega e titular Federación Galega de Ecoloxistas en Acción) ou BIZUM no 622 155 463.
Máis información: 623 023 137 (Eloy Pérez) ou 685 023 275 (Ana Freiría) NON enviar BIZUM a estes números.