Ponteareas | A Comunidade Atlética de Ponteareas e Comarca convoca para este sábado 22 de febreiro, a partir das 11 am, a unha manifestación nos xardíns do Concello para esixir unha pista de atletismo de 400 metros que permita unha mellor capacidade de entreamento e de participación en competicións a nivel provincial e autonómico para os atletas ponteareáns e da Comarca do Condado.
Manifestación pola pista de atletismo en Ponteareas
Este sábado 22 diante do Concello