Ponteareas/Esquerda Unida-Podemos | Como froito da alianza rexenerada das esquerdas en Ponteareas entre Esquerda Unida e Podemos xorde tamén a selección dun novo candidato para encabezar as súas listas, Manoel Ucha, veciño da vila de 32 anos. A elección foi o pasado sábado 28 de xaneiro nunha reunión entre as forzas para decidir quen encabezaría a proposta.
Na reunión, na que tiveron oportunidade de participar a militancia e simpatizantes de Esquerda Unida e Podemos de Ponteareas, acordouse por unanimidade que Manoel Ucha encabezaría a candidatura conxunta que as dúas organizacións teñen previsto presentar para ditas eleccións, pasando Lino Costas a testemuña o fronte do espazo de esquerdas despois de oito anos.
En palabras de Lino C Vila, coordinador local de Esquerda Unida, e concelleiro por Esquerda Unida en Ponteareas entre os anos 2015 e 2019, “A elección de Manoel Ucha coma candidato ás eleccións municipais, tendo en conta a súa capacidade e a súa traxectoria de traballo nos colectivos sociais, pode ser o revulsivo que a esquerda necesita para ter unha importante presenza no Concello de Ponteareas”.
Pola súa parte, Jonathan Martínez, enlace de coordinación de Podemos Ponteareas, manifestou “Teño o convencemento de que a decisión de elixir a Manoel Ucha como cabeza da candidatura unitaria para as Eleccións Municipais de 2023 é unha boa decisión que permitirá, ademais de obter unha boa representación no Concello, afondar na confluencia entre as dúas organizacións”.
Ao remate da reunión, unha vez tomada a decisión por parte de Esquerda Unida e Podemos Manoel Ucha manifestou o seu compromiso en traballar para a mellora das condicións de vida da veciñanza de Ponteareas, sen deixar ningunha persoa atrás, a través das liñas marcadas no programa conxunto e sempre dándolle a máxima importancia a tomar as decisións de xeito democrático.
Manoel Ucha é un coñecido veciño de Ponteareas, xa que é nativo da vila, e especialmente a causa da súa vinculación con un dos colectivos sociais más fortes de Ponteareas.
Profesor de profesión e activista político dende moi novo, sempre formou parte das inquedanzas sociais e políticas que rodearon os temas do pobo, polo que, o seu salto a política como cabeza de lista despois de levar varios anos vinculado a Esquerda Unida é un paso lóxico na súa implicación co partido e o futuro da vila.
Sen dúbida esta elección de novo candidato, completamente unánime e consensuada mostra unha unidade sólida entre ambas forzas de esquerdas ante unhas novas eleccións municipais.