Ourense | O voceiro de En Marea, Luís Villares e a deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, visitaron o Hospital de Verín e mantiveron reunións con representantes do persoal para coñecer a situación de urxencia na que se encontra e as deficiencias do servizo por carencia de persoal.
Tras a visita as instalacións do hospital e a reunión co eu persoal quedou constada a gravísima deficiencia de persoal que, segundo explicalou Eva Solla, provoca situacións como que na “quenda de noita as enfermeiras teñan que atender ata a 20 pacientes cada unha, unha situación que é claramente insostible”. Tamén é claramente insuficiente o “número de celadoras e celadoras para cubrir os quirófanos de urxencia ou os partos que se atenden nas quendas de tarde de noite”.
Tanto Eva Solla como Luís Villares escoitaron as traballadoras do hospital que apuntaron unha ausencia significativa nas atencións que debe prestar este servizo: “a ausencia de dous traumatólogos desde hai bastante meses, o que fai que este servizo este mal cuberto”. Tamén sinalou a deputada de En Marea que hai outra falta importantísima: “hai practicamente dous ano que falta un médico internista”.
Estas carencias non son únicas da situación deste hospital, tamén son necesarias máis prazas de enfermeiría e de auxiliares de enfermeiría. Ademais está sin cumplir o acordo alcanzado para que a base do 061 se instalase no Hospital de Verín. Mentres isto non se produza, os profesionais do hospital teñen que desprazarse con medios privados para as urxencias ou agardar pola ambulancia”. Os profesionais tamén están molestos porque ningunha das reclamacións realizadas na último ano e medio tempos están sendo atendidas polos responsables do hospital. Entre estas reclamacións figuran as de cubrir as ausencias en servizos como laboratorio ou farmacia. Puxeron de exemplo que días atrás avariouse o TAC do centro e permaneceu avariado durante unha semana, causando un retraso considerable na atención aos pacientes.