“Especialización, simpatia, atención e un sorriso son as nosas mellores armas”
Ponteareas | Nestas Festas do Corpus quixemos pulsar como están os ánimos dos comerciantes de Ponteareas; nada mellor que falar cunha moza nova, con ideas novas que da unha imaxe de renovación que boa falta lle fai ao comercio ponteareán. Falamos con Mª del Carmen Hernández á fronte dun pequeño pero grande comercio de “Con todo detalle”..Preguntamos:
-Como se che ocorreu abrir un comercio novo co que está chovendo?
-Bueno; isto foi un chisco antes da crise.
-Nesta rama por que?
-Pois porque no Nadal viñen a traballar para aquí e gustoume como funcionaba este pequeño comercio. Logo a anterior propietaria propúxome coller o traspaso, cegamos a un acordo satisfactorio para ambas partes e aquí estou.
Vexo que estades dúas persoas detrás do mostrador; isto da para tanto?
-Bueno esta amiga é empregada a tempo parcial. Ven axudarme nestas festas do Corpus, nos sábados ou cando se prevé un aumenmto máis de clientela.
-Como ves o comercio de Ponteareas?
-Véxoo un chisco frouxo tal vez pola crise. Eu penso que hai que facer ofertas, aguantar o tirón cara abaixo e resistir. Isto ten que pasar algún dia e para ese momento temos que estar preparados.
-Ti cres que se o pequeño comercio non se especializa corre o risco de que as grandes áreas comerciais lle furten os clientes e non lle permitan sobrevivir?
-Creo que sí. Niso estamos de acordo. Nós temos que especializarnos porque nunha área comercial os clientes poden atopar de todo. De calquera xeito eu teño clientes de Vigo que veñen a comprar a Ponteareas, porque lles gusta o trato, porque se senten a gusto nos pequenos comercios, en fin ..todo isto hai que valoralo e penso que se o facemos ben non deberiamos terlle medo a eses monstruos do comercio.
-Sobre ese aspecto das vendas dime ¿Qué “truco” utilizas para “engatusar” aos teus clientes e que non te abandonen?
-O máis importante “ser natural”. Agradable coa xente e que marche contenta; non pensar só en gañar máis ou menos, senón en fidelizar aos clientes para que se entraron unha vez volten sempre que necesiten algo que ti tes no comercio.
-Ti que lle regalas?
-Unha boliña da sorte e un sorriso.
-Que consellos te atreves a darlle aos teus colegas, sobre todo aos máis novos?
-Que teñan paciencia porque como estamos en crise estamos todos un pouco cabreados; ser optimistas, pensar que isto vai pasar e se ti estás ben contiogo mesmo estás ben co cliente. Iso é todo.
-Moitas grazas, Mª Carme.