Ourense | O día 12 de xaneiro, doce de ano novo, como doce é número tan sagrado, encherase de dozura e talento o templo da cultura o Liceo de Ourense, cando María do Ceo, coma deusa e raíña oficie un novo misterio de arte e poesía, cos seus músicos e grandes artistas Xosé Salgado e Alex Salgado.
Presentanse dous galanos para o mundo Galaico universal, “Galicía Nai” o disco libro; desexado e agardado polos amantes da nosa cultura e o video clip “A Fala”.
No acto participaran Valentín García Secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Xosé González Martínez e Armando González, médico, escritor e poeta e os realizadores do videoclip: Alberto Outeiriño, Roberto Cid e José Juan P. Ramos.
A Bela Auria a Atenas da Cultura segue na teima de facer da cultura un xeito de entender o mundo e entender a nosa identidade, un rexurdir novo, un manancial para abrir vieiros e sementar arte e sensibilidade.