María, José e Jésus.

María, José e Jesús, personaxes moi destas datas, son o símbolo anual de persoas en busca de refuxio, de calor, de solidariedade, de fraternidade. Símbolo tamén de que a nosa acción individual conta cando damos abrigo, compartimos, non rexeitamos ao “outro”, ao “estranxeiro”, ao “pobre”, ao que necesita axuda. Non a través da caridade, senón a través da solidariedade.

A solidariedade ten moitas caras, pódese expresar de moitas formas e unha delas é non aceptar políticas que conducen a pobos enteiros a necesitar “caridade” e “axuda humanitaria”.

Déixovos tres historias reais como peza de Nadal, e esperamos que as compartas nun acto de solidariedade e como acción individual de denuncia e rexeitamento da gran inxustiza que impoñemos ao pobo saharauí.

A embarazada
Ela non quere ir ao hospital. As contraccións cada vez máis fortes provócanlle as dores que as nais teñen que soportar antes de traer ao mundo outro ser que sae da protección do ventre.

Suelma grita e chora, sabe que ten que ir ao hospital, pero tamén é consciente do perigo que iso conleva. As curmás despois de dar a luz no hospital do Aiún nunca máis puideron quedar embarazadas. A veciña, como cada vez máis saharauís, tivo un bebé con parálise cerebral.

Ela sabe que usan case sempre unhas cousas como ” tenazas” para empuxar dos bebés e que os partos das saharauís implican moitas veces o “atraso” na saída do bebé. Nada ten que ver coa xenética, as curmás que viven nos campos de refuxiados en Tinduf din que nada disto sucede.

No inicio do embarazo os médicos marroquís mándanlle facer 3 radiografías pero ela non as fixo. O hospital é perigoso, todos os saharauís sábeno. Médicos e enfermeiros do estado marroquí, están alí para defender a ocupación, non para tratar nin coidar. Cuantos menos saharauís mellor para eles.

Diríxese ao coche rezando, rogando para que o seu bebé naza san.

O sen teito
Mohamed é identificado pola policía en París, non o ven como refuxiado, veno como un sen teito. Non fala francés suficiente para explicar como e por que chegou alí. Entrou por España pero non hai traballo no país que é o responsable da miseria e da violencia á que os saharauís están suxeitos nos territorios ocupados, e ao exilio forzado nos campos de refuxiados no sur de Alxeria. Así chegou a Francia en busca de traballo para alimentar á familia, para sobrevivir.

Non ten papeis, só unha nacionalidade imposta polo ocupante marroquí. Unha tarxeta de identidade con SH antes do número ( SH de Sahara Occidental).

Hai días que non come e o frío de París provocoulle unha infección pulmonar. A. policía lévao a un centro.

Onde envían?

O neno
Onte golpeárona por non cantar o himno marroquí. Hoxe ten clases de historia, case seguro que lle van a golpear outra vez. Contan mentiras e queren que o as repita. Non as vai a repetir. O pai é preso político e non o ve desde hai meses. A nai di que está ben, pero o sabe que non.

Os policías roldan a casa. A nai non ten diñeiro para ir de compras. Todo é difícil. Todo é inxusto.

Pola noite oíu á tía dicir que puxeran veleno na comida dos presos políticos, todos estaban enfermos dicía ela.

A prisión está por centos de quilómetros de El Aiún, non vai poder visitar ao seu pai, non hai diñeiro.

Odia aos marroquís, odia aos policías e militares que se pasean nas rúas do Aiún e atacan as casas dos saharauís.

Soña con ser un neno como nas películas, nunha casa cos seus pais e un sorriso na cara.

Nado no ano 1974, un ano antes da entrega do Sahara por parte de España a Marrocos. Activista polos dereitos do Pobo Saharaui, é membro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Fundador e administrador da web www.porunsaharalibre.org