A Coruña | A presidenta do Consejo de Estado, María Teresa Fernández de la Vega, foi a encargada de pechar o primeiro ciclo de conferencias Pensando en Educación, organizado polo Concello da Coruña e a Universidade da Coruña. A ex vicepresidenta do Goberno ofreceu un coloquio no Paraninfo da UDC esta tarde baixo o título ‘Educación: onde comeza todo’.
Fernández de la Vega incidiu na importancia do sistema educativo como elemento primordial e fixo fincapé na necesidade de falar máis de educación. Por iso, quixo agradecer ao Concello a organización deste ciclo.
O Goberno local estivo representado por Jesús Celemín, concelleiro de Educación, que eloxiou a gran contribución de Fernández de la Vega na sociedade española e o seu esforzo na loita pola igualdade. Tamén participou o reitor da UDC, Julio Abalde.
O Concello confirmou a celebración a partir de marzo da segunda edición deste foro tras o éxito do primeiro ciclo, que reuniu a destacadas voces de diferentes eidos educativos.