Ourense | O xoves 27 de outubro, as 20.30 horas verá a luz o primeiro poemario de María Victoria Berjano Cid, “Retricos do meu sentir” unha obra chea de sentimento e lirismo máxico, que engaiolará aos lectores.
A presentación terá lugar no Liceo de Ourense, un marco plagado de literatura e arte. Acompañarán a autora o pintor Miguel Ángel Martínez Coello, o escritor e editor Avelino Jácome, a poeta e presentadora Marina Sánchez e a intelectual e conferenciante Antonia Blanes, que recitará algún dos poemas da autora.
Editada por “Andrómena Senlleira” e prologada polo escritor e poeta Avelino Jácome, contén preto de un cento de poemas que recollen “sentires “ da autora, en palabras do propio limiarista “unha alborada de beleza retida, que explota cando a luz acariña as papoulas e o resío dorme entre os pétalos, que conforman cada verso de esta maravillosa obra”.
Victoria Berjano, nada en San Lourenzo de Piñor no ano 1950, dedicou toda a súa vida a enseñanza; agora xubilada, adicase as dúas pasions, a poesía e a pintura, de feito a portada do libro tamen é unha reproducción da súa obra, “Aves do Paraíso”. Forma parte do grupo de autores da revista cultural, “, a Xente do Redor” na que verte con mestría a súa vea lírica e en breve tamén ilustrará as súas páxinas coa obra pictórica.
O acto está organizado polo colectivo da Xente do Redor e Orixe Publicidade e Comunicación que acompañaran a autora neste camiñar que con tanta vitalidad comeza.
Na foto a autora do libro con Avelino J. Dobarro encargado do diseño e maquetación do poemario.