Sober | “Unha viaxe pola diversidade e a igualdade do ser humano” é a proposta que fixo a escritora Marica Campo no libro “Nós outras”, que se presentou en Sober. Foi no Centro Socio Cultural e estivo acompañada de Antón Lopo de Chan da Pólvora Editora que foi tamén quen animou á autora a escribir este libro de poesía adicado ao público infantil.
Está ilustrado pola pintora Menchu Lamas. “Unha fermosura, un festival de cores que realza todo o contido literario”, explica a escritora en +d1 Monforte falando das ilustracións feitas por Lamas.
Marica Campo, natural do Val do Mao, Concello do Incio, é unha das autoras máis destacadas da Literatura galega que abordou os xéneros narrativo, poético, teatral e xornalístico.
Foi tamén tradutora e participante en numerosas obras colectivas. Desenvolveu a súa traxectoria profesional na provincia de Lugo, onde exerceu como docente no ensino secundario.
A obra vén de ser elixida como a mellor edición do ano 2020 no panorama editorial galego: Premio Follas Novas do Libro Galego.