Marín | A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín realizou este 18 de agosto unha homenaxe en lembranza de Carmen Pesqueira “A Capirota”, celebrado na praza que leva o seu nome.
Nada en Marín en 1907, Carmen Pesqueira Domínguez, mellor coñecida como “A Capirota”, foi unha costureira e lavandeira que traballaba para o priorato e as familias máis ricas de Marín. Se ben non se lle coñecía ningunha afiliación política, foi secuestrada por un grupo de falanxistas, tras saír ela en defensa dunha persoa maior que estaba sendo maltratado por non facer o saúdo falanxista.
Por este feito, “A Capirota” foi torturada, apaleada a tiroteada un 18 de agosto de 1936, razón pola que se lle realiza esta homenaxe de memoria histórica.
O seu cadáver foi abandonado, toda vez no Rexistro Civil de Marín indicouse en acta do 19 de agosto de 1936 que morreu “dunha ferida no corazón”, omitindo o feito de que fora tiroteada.