O Porriño | Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas que se entregaron ao Concello do Porriño para a súa utilización polos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nestes día o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que bien soas.
Por outra banda outro grupo de mulleres porriñesas, entre elas a propia Eva García, alcaldesa da vila, están a confeccionar cos seus propios medios e nas súas casas, tanto patróns para os “EPI” como mascariñas de protección de dous tipos que entregan periódicamente tanto á Policía Local como tamén aos profesionais sanitarios que están a traballar no Centro de Saúde.
Tanto o material para os EPIs (traxes de protección) como para as mascariñas procede de doazóns de empresas porriñesas ás que o Concello agradece a súa desinteresada colaboración.