O Mediterráneo estase convertendo nunha verdadeira ‘dor de cabeza’ para a política exterior de Pedro Sánchez. Toda vez a atención estaba practicamente concentrada no ‘histórico’ Cumio da OTAN en Madrid, a traxedia humana no salto da valla de Melilla, que causou 23 migrantes mortos, define unha complicada situación para a coalición PSOE-Unidas Podemos.
As turbulentas relacións con Marrocos foron levemente apaciguadas polo apoio español ao plan saharauí de Rabat. Pero isto implicou unha inmediata relación de causa-efecto: a crise bilateral con Alxeria, defensor da causa saharauí e o principal socio enerxético español.
Engadido a isto estivo o escándalo Pegasus de espionaxe co software israelí, unha manifestación máis das tristemente célebres “cloacas do Estado” do que o propio Sánchez non pode escapar. E agora o drama migratorio en Melilla. A ONU criticou a “brutalidade policial” marroquí que Madrid vese na obriga de silenciar convenientemente, quizáis coa intención de non provocar outra crise diplomática con Rabat.
En paralelo, mentres a coalición sofre sendas derrotas electorais en Castela A Mancha e Andalucía, o PP de Feijóo agarda mobilizar ao seu favor a intención de voto, toda vez a vicepresidenta Yolanda Díaz non descansa en catapultar a súa candidatura vía peso político.
Melilla obrigou a “apretar filas” entre o PSOE e Unidas Podemos coa intención de “salvar os mobles” de cara ao cumio da OTAN. Aquí Sánchez alcanzou a súa ansiada foto con Biden pero o “militarismo rampante” trazado neste cumio (preténdese elevar o gasto militar ao 2% do PIB ata 2029) xa provocou roces entre Sánchez e PODEMOS, que criticou estes acordos como unha “submisión” aos designios de Washington.
“Melilla obrigou a ‘apretar filas entre o PSOE e Unidas Podemos coa intención de salvar os mobles’ de cara ao cumio da OTAN”
Neste panorama, Feijóo “saca peito” de centrismo político tralo contundente triunfo de Moreno en Andalucía así como da contención electoral a VOX. Pero isto aborda unha interpretación que paga a pena calibrar: se estamos ante un contexto que condicione a Sánchez e Feijóo en aras de preservar o equilibrio político e institucional, ‘acicalando’ un bipartidismo herdeiro do sistema do 78 cada vez más cuestionado.
Isto anuncia un “outono quente” no acontecer político mentres a cidadanía sofre con índices de inflación superiores ao 10%. E á volta da esquina están as eleccións municipais de maio de 2023. A coalición na Moncloa mantense in extremis para frear a presión de Feijóo e de VOX por propiciar un incerto adianto electoral.
“Un ‘outono quente’ no acontecer político mentres a cidadanía sofre con índices de inflación superiores ao 10%”
Non é un escenario cómodo, porque as rúas corren o risco de ‘quentarse’ toda vez a “OTANización de Europa” anunciada (e instaurada de facto) por Biden en Madrid implica que hai guerra para rato, con gasto militar in crescendo para os próximos anos.