Salvaterra de Miño | Inícianse as obras de mellora de accesos en O Fondal (Pesqueiras) – Codesás (Salvaterra), obra financiada pola Xunta de Galicia a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais, realizada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Con esta actuación pretendese mellorar a rede municipal de estradas, coa mellora da pavimentación de dous tramos que conecta os lugares de O Fondal, na parroquia de Pesqueiras, e Cosdesás, na parroquia de Salvaterra, actuación moi necesaria debido ao avanzado estado de deterioro da vía, que supuña unha renovación completa da capa de rodadura.
A obra contempla a limpeza das marxes con apertura de cunetas ao longo dos 980m de actuación, e unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, unha actuación por un importe de máis de 48.000,00€
Instalación fotovoltaica na Casa Consistorial
O Concello de Salvaterra ven de adxudicar a instalación de fotovoltaica para autoconsumo nas dependencias da Casa do Concello, a través dunha subvención para proxectos de enerxía fotovoltaica, co fin de conseguir unha economía máis limpa e sostible.
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)
Esta actuación enmárcase dentro das liñas de traballo deseñadas polo Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible do municipio, e que permitirá xerara enerxía eléctrica mediante Enerxía Solar Fotovoltaica conectada a rede interior da Casa Consistorial a través da instalación solar fotovoltaica composta por 40 módulos que alcanzará unha potencia pico de 18,20 kwp. Esta actuación ten un orzamento de máis de 17.000,00€