Mellorados os vestiarios deportivos do Casal en Salvaterra

Cun investimento superior aos 160.000€

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra remata as obras de mellora nos vestiarios e almacéns das Instalacións Deportivas de O Casal, financiadas a través do Plan +Provincia 2024.

As obras que melloran o estado da edificación, derivado do elevado uso diario e da antigüedade das propias instalacións, cunha inversión total de máis de 106.000 euros, centráronse nos acabados, tanto interiores como exteriores, e na cuberta, mellorando o aspecto xeral das edificacións con parámetros máis fáciles de limpar e desinfectar nos vestiarios e así mellorar o illamento térmico tanto nas fachadas como na cuberta da construcción provocando unha mellora instantánea no confort.

O edificio que foi construído nos anos 90, nunha primeira fase contaba exclusivamente con 2 vestiarios. Posteriormente ante o aumento exponencial de usuarios, sobre todo de nenos e nenas nas escolas de fútbol, aumentouse a edificación construíndo 2 vestiarios máis simétricos ós existentes e unha sala de maior tamaño utilizada como cantina.

O sistema constructivo utilizado no seu momento precisaba unha reforma de calado que permitira acabar coas filtracións de auga e a humidade existente na edificación.

As obras de mellora consistiron na colocación de canalóns, a cubrición da cuberta con panel de chapa de aceiro sobre un rastelado, protexendo a edificación exteriormente cun zócalo de pedra e interiormente nalgúns parámetros, ademais realizáronse diversas actuacións que mellorarán a calidade das instalacións.

Actualmente as Instalacións Deportivas de O Casal son o lugar onde as Escolas Deportivas, a S.D. Salvaterra e os afeccionados do Casal realizan os seus adestramentos. En total son máis de 200 usuarios e usuarias que fan uso das instalacións semanalmente.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.