O Covelo | O Concello de Covelo informou da execución das obras de mellora da casa social de Prado e da súa contorna, ubicada no lugar de Cende na parroquia de San Salvador de Prado.
O proxecto conta co apoio da Deputación de Pontevedra que aportará 40.000,01 euros, sendo o orzamento total de 40.464,64€.
A casa cultural atópase nunha parcela de 2,224 m², dos que 800 m² son de uso deportivo cunha pista multideporte. No resto da parcela hai, ademais, un parque infantíl e unha zona verde.
O proxecto contempla a mellora da accesibilidade aos aseos existentes no andar baixo da devandita casa social e no exterior co obxectivo de optimizar os espazos e o acceso ao parque infantil existente, a mellora da pavimentación, tamén da iluminación das instalacións, a creación de salas de reunión dos veciños e usuarios e a mellora da pista deportiva.