Salvaterra de Miño | Este mércores 22 o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado da alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Educación visitaron as obras de mellora na escola infantil nas que a Xunta de Galicia inviste máis de 45.000 euros.
En concreto, obras de renovación de diferentes elementos do patio, substituíndo o pavimento e o peche de ocultación, ademais de mellorar os xogos dispoñibles e incorporar outros, como unha zona de areeiro cuberta. No edificio, mudaranse canles para evitar incidencias por infiltracións de auga e renovarase o acabado interior de paredes e carpintaría.