O Porriño | Tras varios anos na organización do BNG do Porriño, Menchu Pereira Pereira asume agora a función de responsable local substituíndo a Marcelo Rodríguez, un dos tres membros do grupo nacionalista no goberno local.
Con esta renovación búscase que o equipo do BNG no Concello se poida centrar na súa acción política ó tomar as responsabilidades da organización e do traballo do partido outras persoas militantes.
O Consello Local conta con dous novos formantes: Cristian Rodríguez González e David González Domínguez. Ademais, continuarán dentro do consello os tres formantes do grupo municipal do BNG -Pedro Pereira, Miriam Martínez e Marcelo Rodríguez- e Soraya Domínguez Portela.