Salvaterra de Miño | Os días 15 e 16 de decembro aqueles comercios, artesáns ou asociacións interesadas poderán participar deste evento que coincide coa inauguración da decoración da praza. Dentro do plan de promoción e dinamización da vila, o Concello de Salvaterra de Miño lanza un Mercadillo Navideño para os días 15 e 16 de decembro na Praza do Concello.
O evento que comezará o venres 15 coincidindo coa inauguración da decoración da praza polos alumnos e alumnas dos centros educativos e do ciclo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño busca ofrecer un espazo visible a asociacións, comerciantes e artesáns para expor os seus productos.
O venres o mercadillo terá un horario de 16:30 a 20:30 horas e o sábado 16 de decembro en horario de mañá e tarde de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
As prazas para os postos son limitadas polo que aqueles interesados en participar deberán enviar os seus datos á seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org.